OS MAIOS

O pasado sábado fixemos un maio, ningún de nós fixéramos nunca un, pero sacamos peito e empezamos a traballar.

O principio non prometía moito…Entón decidimos repartir tareas;

Uns co verde

DSC_0988

outros cos limóns e cas laranxas

DSC_0991

Outros cas frores

DSC_0989

outros adicáronse a ….. tempo de lecer

DSC_0987

Primeiro cubrimos a estructura con fiunchos, xestas, e outros matoxos.

DSC_0990DSC_0994

puxemos as froitas, as frores e os ovos

E …..listo para as fotos

DSC_1007 CSC_0024

Despois foi a entrega dos premios do concurso de fotografía, os afortunados non deixaron fotografiarse, eso si empezaron a xuntarse a degustar os gusanitos, empezaron uns poucos,

DSC_0004

chegou Iago

CSC_0023

e pouco a pouco, conseguimos que sentáranse todos xunto co noso prezado director.

DSC_0011 DSC_0021

Non conseguimos saber quen estaba máis encantado se Iago ou os nenos.

GRAZAS POR A TODOS E EN ESPECIAL A IAGO, POR FACERNOS PASAR ESTOS DÍAS TAN BÓS

GAÑADORES DO I CONCURSO FOTOGRÁFICO

O xurado formado por persoal das Escolas Infantís Municipais de Vigo, xuntouse onte para decidir os vencedores do concurso.

Estiveron varias horas intentando porse dacordo, e o final,os vencedores son……..TODOS

Ante o alto nivel das fotos presentadas, decidiron que tódolos participantes merecían un premio, facendo una mención especial ós seguintes, e citamos textualmente as palabras do xurado:

– 3 mención especial a: Lucas (2-3) alias “Capitán Pescanova” pescando un peixe enorme no novo mar de Navia!

lucas 1 

-2 mención especial a: Mateo (0-1) Subido no barco de dozura!!

Mateo1

-1 mención especial a: Martín (1-2) Observando o mundo a través das REDES! 

EntreNasas

O vindeiro 4 de Maio na actividade de “OS MAIOS” farase a entrega dos premios.

Recordamosvos, que os nenos de 0-1 tendes que traer cenouras, os de 1-2 laranxas e os de 2-3 frores. Ademáis, fiunchos, ovos, e todo o que pensedes que podemos poñer no maio.

Por último dende a ANPA queremos agradecer a participación tan alta que tivemos nesta primeira edición do concurso fotográfico e estamos moi satisfeitos coa colaboración que estamos a ter  en tódalas actividades que propoñemos.

GRAZAS,