SABOREANDO O SAMAÍN !

Foto_Samain_1Como sabedes, chegou o outono, e con el, o tempo da vendimia, dos magostos e… tamén o tempo do SAMAÍN! Tempo de tallar e decorar cabazas e calacús, festas de disfraces, maquillaxes arrepiantes, e sobre todo tempo de medo… moito medo!

Coa chegada do SAMAÍN as noites son máis longas, a choiva e o vento petan nas nosas ventás e todo se prepara para crear o ambiente propicio á lectura de arrepiar, de meigas, cabazas, lobos… Auuuuuuuuu!…Foto_Samain_2

Na Escola os nenos xa están a traballar a lectura e a canción do conto “Corre corre cabaciña” (Eva Mejuto & André Letria). Aquí vos deixamos os enlaces, para que poidades compartir un momentiño especial de SAMAÍN cos pequechos na casa.

Foto_Samain_3ContoCanción.

MAGOSTO

Anque o día amaneceu con choiva….a festa foi todo un éxito!   Moitas gracias a todas as familias, sen vos non sería posible e tamén a Escola por facernos sentir como na casa.

E agora deixamos unha pequena escolma dos momentos vividos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

XA CHEGOU O OUTONO !!!

…E con él a celebración do noso primeiro MAGOSTO! Animádevos a participar!

ImagenA ANPA improvisará un pequeno asador para que os pequenos proben o máis típico deste festexo, as castañas asadas!

As familias podedes colaborar traendo da casa algo feito con castañas (cocidas, en tarta, confitadas…etc.), poñede a imaxinación en marcha, todo está permitido!

Aquí vos deixamos a cita:

Sábado 19 de outubro, ás 11:30 h da mañá

I MAGOSTO na EIM Bouzas

ESPERÁMOSVOS!