Dia da poesía co Cullarapo Croque

http://librosparasonhar.files.wordpress.com/2014/03/portadacullarapo.jpg

Os autores do libro “O cullarapo Croque”, Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso, visitarán LIBROS PARA SOÑAR este venres 21 de marzo, no que se conmemora o Día Mundial da Poesía. Na sesión de contacontos que comezará ás 18:30 horas, repasaranse os textos desta obra, a primera en Galicia editada a través do sistema crowfounding.

Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso dirixirán unha actividade na que, a través da poesía e da música, tamén destacarán valores como a paz, sentimentos como a perda, e elementos da nosa cultura como a lingua. Permite, ademais, desenvolver a motricidade e a imaxinación.

O personaxe do cullarapo é o fío condutor entre as historias que habitan neste libro cheo de poemas, colorido e dozura: as historias que acontecen nunha aldea, os animais que habitan no bosque, lendas, misterios e cantos á lúa.

Contacontos na Escola!!!!

Ola a tod@s! Temos nova actividade!!!

A ANPA organiza, de balde para os seus soci@s, unha xornada de contacontos.

O artista convidado é o Señor Chapeu, contador de Historias. O Señor Chapeu ven dunha Illa, a de Arousa, cargado de historias lindas para os cativos e cativas da Escola.

Non o perdades, este sábado día 15, ás 11.30 horas na Escola. Anotádevos no taboleiro!!!

Imagen