O pasado 7 de febreiro levouse a cabo a cuarta asemblea do ANPA. Pese ó temporal que houbo esa tarde unha quincena de nais/pais asistiron á mesma. Graciñas!
Nesta entrada no blogue se sintetizan os puntos máis destacados da xuntanza, para que así esteades informados e podades participar activamente na consecución das vindeiras actividades.
LIPDUB
Iago deunos detalles sobre este ilusionante proxecto.
· O Lipdub vai ser un agasallo para as crianzas.
· Se trata de que os adultos representemos e interpretemos a cantiga en playback. “Campás pola Paz”
· Haberá que anotarse no taboleiro no mes de marzo.
· Os participantes quedaremos un sábado pola mañán para ensaiar e outro para gravar.
· A EIM de Santa Cristina xa fixo o seu Lipdub: http://www.youtube.com/watch?v=JPX_ZJo61ts
· Propuxéronse boas ideas. Pódese destacar a de disfrazarnos de cativos e representar a canción como o farían eles.
Comunicación das actividades da ANPA para o segundo trimestre do curso.
Informouse da programación das actividades organizadas pola ANPA previstas ata marzo. Fíxose especial fincapé en que é unha lista aberta e que todas as ideas e actividades que propoñades son benvidas.
· O sábado 1 de marzo celebrarase a FESTA DO ENTROIDO. A idea que propoñemos é vir tod@s disfrazad@s e traer postres típicos destas festas.
· Está pendente fixar a data para un estupendo CONTACONTOS.
BIBLIOTECA
Iago informounos de que a esperada biblioteca podería estar xa operativa a finais de marzo. Pediu a colaboración da ANPA para a xestión da mesma e por suposto xa conta coa nosa axuda.
AXENDA ESCOLAR
Outra boa nova é que a axenda podería estar en funcionamento en marzo. Finalmente gracias ó traballo e empeño do noso director será en formato dixital, parecida a “Berce”, pero máis sinxela.
FOTOS PRIMER TRIMESTRE
Falouse tamén da organización para compartir as fotos que se fixeron d@s cativ@s na escola.
A QUE COLE IMOS Ó REMATAR A ESCOLA?
Comentouse que Iago facilitará ampla información ás familias sobre este tema.
A WEB DO ANPA
Queremos potenciar o uso deste blogue. Tal e como falamos, coa vosa axuda publicaremos noticias de interés para as familias regularmente.
· Convidámosvos a SUSCRIBIROS Ó EMAIL, a facer COMENTARIOS e usar o BUZÓN DE SUXERENCIAS.