O Apalpador visita a Escola

 Esta semana tivemos unha visita mui especial na Escola. Visitounos o Apalpador que viu convidado por David, o tio de Mateo que estivo na Escola contando o conto do Apalpador.

Apalpador1

David, chegou e encandilou aos nenos e nenas. Comezou a contar o conto pero, como os pequerrechos estaban todos mui atentos, deixou o libro nun lado e expuso o conto con imaxes proxectadas na parede. Mentras David contaba o conto, alí non se moveu ninguen, nen protestaron, nen choraron. Estaban mui atentos. E certo que David, como todas as profesoras e profesores das Escolas de pequerrechos, ten un don especial para atraer a atención dos nenos. O fixo mui ben, e non o decimos porque o coñezamos ;))

Cando rematou de contar o conto, no que tamén houbo cantos, David anunciou que tiña unha sorpresa esperando fora. Que alguen mui especial viña a visitar aos nenos e nenas da Escola, e aos profes e a todo o persoal. Así que David marchou e foi buscar esa sorpresa… Os nenos quedaron chamando por David e polo Apalpador…e nese momento cal foi a cara de sorpresa dos peques…cando entra o Apalpador!!!. Si, era David disfrazado de Apalpador, ca súa barba, as zapatillas, a boina e esa barrigota enorme (que lle caía cada dous por tres)… e comezou a sacar castañas da sorte da súa bolsa e a repartilas entre todos os nenos e nenas preguntando polo seu nome. Todos eles collían a castaña e non a soltaban. As súas caras mostraban felicidade. Qué gustazo velos tan contentos e ilusionados.

 Logo, o Apalpador marchou e todos deron un aplauso e se despediron del. Ata a cociñeira lle deu un bo achuchón ao Apalpador….

 Apalpador, muitas gracias por esta visita e esperamos verte pronto na Escola, foi un enorme pracer.

O Contacontos David

OBRADOIRO DE MANUALIDADES DE NADAL

Queridas familias, o sábado 21 de Nadal ás 11:15 horas, A ANPA da EIM de Bouzas organiza un novo obradoiro. Nesta ocasión Pilar Rodal faranos pasar un rato agradable inventando algunhas figuriñas con materiais sorprendentes. Unha destas figuriñas que entre todos trataremos de facer será unha cabeza de reno recén chegado de Noruega, e se temos tempo tamén faremos un boneco de neve.

A ANPA quere aproveitar para desexarvos un Féliz Nadal! e un fermoso ano 2014.

FAMILIAS NA ESCOLA

   Hoxe mércores, foi un día moi especial na Escola. Algunhas Familias acercaronse ata ela e participaron na preparación do Nadal. Cantaron panxoliñas, contaron algún que outro conto e por último os nenos tiveron outra visita sorpresa…. o apalpador, e con él recibiron cadansúa castaña da sorte.

IMG_9041

   Un día moi especial para todos: nenos, familias e tódola persoas que traballan na Escola. Se participaches nesta actividade cóntanolo facendo un comentario.

PREPARANDO O NADAL

Xa podemos sentir, ulir  e palpar o Nadal por derredor! Rúas cheas de luces, beléns, árbores de Nadal…  Todo brilla e  énchese de maxia… especialmente ós ollos dos máis cativos… E que non fariamos nós por conquistar unha tenrra mirada ou un sincero sorriso deles?

 IMG_8981…É moi sinxelo! Para iso a Escola bríndanos a oportunidade de adentrarnos nas aulas e contribuir a enriquecer coa nosa participación as actividades e programacións que se teñen previstas. Pais, nais, avós, tíos, curmáns… TODOS estamos invitados!

 Cantar panxoliñas, tocar algún instrumento típico destas datas (pandereta, zambomba…), contar algún conto de Nadal, traer invitados ós Reis Magos… estas son algunhas propostas, pero de seguro que se vos ocorren outras moitas máis, tan só é necesario pór en marcha a imaxinación e deixar a vergoña de portas para fóra!

 No taboleiro de anuncios xa está colgada unha lista para que todos os “voluntarios” nos poidamos anotar. Dádevos présa, porque esta actividade especial tense previsto desenvolver o vindeiro 18 de decembro, e faltan moi pouquiños días para organizalo todo!