O día da Paz na Escola

pombas_paz

O pasado xoves celebrouse na Escola o día da Paz. Xa dende ben cediño os globos brancos engalanaban as paredes da Escola anunciando que, aquel, ía ser un día de festa. Había muito que celebrar e o persoal da Escola dedicouse o día enteiro a trasladar aos nenos e nenas os valores de paz, convivencia e tolerancia que, entre outros, Mandela nos deixou.

As familias levaron tamén a mensaxe escrita para a Escola e nas súas paredes foron pendurados para que todos podamos velas e sentir que, afortunadamente, vivimos ca Paz entre nos. Os maiores levaban as cariñas pintadas, todos fixeron manualidades, unhas banderiñas cunha mensaxe de Mandela e unha pomba da paz feita cas mans dos cativos. E os mais bebés saían ca súa pombiña todos contentos.

Certamente pasaron un dia alegre e divertido. Unha vez máis aprendendo a compartir valores que lles farán crecer nun mundo mellor.

Gracias Escola!

escola_paz