Concentración Reivindicativa

A ANPA da EIM Bouzas únese e solidarízase coa iniciativa emprendida dende FOANPAS:

Ante as últimas novas acontecidas nas que un menor transexual que sufría acoso escolar se suicidou, non podemos quedar de brazos cruzados http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/alan-menor-transexual-suicida-por-acoso-escolar-4778491

Convocámosvos a unha concentración o vindeiro xoves 14 de xaneiro ás 20:00 horas no Marco. É unha concentración contra a transfobia, a homofobia e contra toda discriminación e en prol dunha educación inclusiva que garanta o benestar de todos os nenos e todas as nenas e de todas as persoas.