ABRE A BIBLIOTECA DA ESCOLA!!!

O vindeiro xoves 12 de febreiro, a ANPA da EIM Bouzas, inaugurará a biblioteca da escola.

Podes consultar o catálogo aquí, comezamos con 100 exemplares. Estade atentos que a biblio medrará! 😀

Biblioteca!

Este maravilloso servizo de préstamo de libros infantís, educativos e de consulta é xestionado pola ANPA e nace da iniciativa e traballo da dirección e equipo educativo da escola que logrou obter esta fantástica selección de libros.