ASEMBLEA ANPA

O pasado 7 de febreiro levouse a cabo a cuarta asemblea do ANPA. Pese ó temporal que houbo esa tarde unha quincena de nais/pais asistiron á mesma. Graciñas!

Nesta entrada no blogue se sintetizan os puntos máis destacados da xuntanza, para que así esteades informados e podades participar activamente na consecución das vindeiras actividades.

ANPA REUNION PAIS

LIPDUB

Iago deunos detalles sobre este ilusionante proxecto.

· O Lipdub vai ser un agasallo para as crianzas.

· Se trata de que os adultos representemos e interpretemos a cantiga en playback. “Campás pola Paz”

· Haberá que anotarse no taboleiro no mes de marzo.

· Os participantes quedaremos un sábado pola mañán para ensaiar e outro para gravar.

· A EIM de Santa Cristina xa fixo o seu Lipdub: http://www.youtube.com/watch?v=JPX_ZJo61ts

· Propuxéronse boas ideas. Pódese destacar a de disfrazarnos de cativos e representar a canción como  o farían eles.

Comunicación das actividades da ANPA para o segundo trimestre do curso.

Informouse da programación das actividades organizadas pola ANPA previstas ata marzo. Fíxose especial fincapé en que é unha lista aberta e que todas as ideas e actividades que propoñades son benvidas.

· O sábado 1 de marzo celebrarase a FESTA DO ENTROIDO. A idea que propoñemos é vir tod@s disfrazad@s e traer postres típicos destas festas.

· Está pendente fixar a data para un estupendo CONTACONTOS.

BIBLIOTECA

Iago informounos de que a esperada biblioteca podería estar xa operativa a finais de marzo. Pediu a colaboración da ANPA para a xestión da mesma e por suposto xa conta coa nosa axuda.

AXENDA ESCOLAR

Outra boa nova é que a axenda podería estar en funcionamento en marzo. Finalmente gracias ó traballo e empeño do noso director será en formato dixital, parecida a “Berce”, pero máis sinxela.

FOTOS PRIMER TRIMESTRE

Falouse tamén da organización para compartir as fotos que se fixeron d@s cativ@s na escola.

A QUE COLE IMOS Ó REMATAR A ESCOLA?

Comentouse que Iago facilitará ampla información ás familias sobre este tema.

A WEB DO ANPA

Queremos potenciar o uso deste blogue. Tal e como falamos, coa vosa axuda publicaremos noticias de interés para as familias regularmente.

· Convidámosvos a SUSCRIBIROS Ó EMAIL, a facer COMENTARIOS e usar o BUZÓN DE SUXERENCIAS.

O “ata pronto” da profe Veva

Veva1

Hai un par de semanas a profe Veva deixou temporalmente a Escola para atender un asunto ben fermoso. Veva está a ser fonte, está a crear dentro de si un soño que pronto virá a encher de risas e felicidade a súa casa…. Veva está creando vida, vai ter un pequecho ou pequecha e por eso necesita descansar e coller forzas para criar a un pequeno máis, que será o seu.

 Coma sempre, Veva dixo ata logo cun enorme sorriso -e tamén emocionada-, con esa voz doce e cariñosa que a caracteriza e con ese calor e cariño que desprende en cada un dos seus abrazos. E así foi tamén a súa despedida cos neos e nenas, recordándolles que todos eles e todas elas ocupan xa un trociño do seu corazón. E así é o corazón da profe Veva….enoooooorme para dar cabida a todos os nenos e nenas da Escola

 E para decirlles ata pronto aos seus peques da Escola, deixoulles un agasallo envolto con papel de cariño, golosinas que gardan todas as palabras doces que ela lles deixa para estes meses de ausencia, para que se lembren dela….porque de seguro que xa a están a botar de menos…coma nos, que cando escoitamos un “Ola Mami” ou “Ola papi” ou “Ola abuelo ou abuela”…. fainos saber que todo está ben……

 Imagen

Veva, xa nos faltas, volta pronto !!!!! e sobre todo disfruta de todo este proceso fermoso que estás a vivir…. que sexas mui feliz

muitos bicos,

Rosa, no nome da ANPA

XUNTANZA DE AULA

   Onte xoves tivo lugar na escola unha estupenda actividade, na que as familias da aula 1 da quenda de mañá estiveron convidadas a asistir a unha xuntanza coa educadora na aula na que se lles explicou in situ unha rutina diaria de estimulación cos bebés da Escola.

   Fotos-de-bebes

   Animamos a tódolos participantes que nos fagan comentarios desta actividade!