…MÚSICA, MAESTRO!

IMG_8943_recO pasado sábado 23 de novembro poidemos disfrutar dunha sorprendente mañá de música.

Comenzou a festa moi puntual, ás 11:30 h, e da man do saxofón de Marcos. De seguido uniuse á rítmica melodía a percusión de Hugo, e case de inmediato, xa fomos todos: pais, nais, pequenos e pequeniños os que acompañamos con palmas, maracas, castañolas, trompetiñas, asubíos, e todo tipo de artiluxios musicais (ata con pilas!) á composición musical, coma unha grande orquestra!

Pero os momentos especiais non remataron aquí. Tirolí, tirolí, tirolí!… irrompía triunfal na Escola a nosa querida gaita galega, da man do tío de Mateo. Desfrutamos da interpretación de varias pezas típicas da nosa cultura. Á forza e ó sentimento da gaita uníronse palmas e artiluxios musicais… alquilo era un algarabío!

Cando todos pensabamos que a festa rachada ía rematar, Pablo nos sorprendía IMG_8940traéndonos preparado un programa musical de piano, coma os máis grandes profesionais! e nos deleitou coa interpretación de cinco pezas musicais. Ó rematar a actuación cedeu o “escenario” a súa compañeira, que nos ensinou como facía soar o violonchelo con grande sensibilidade interpretando un par de pezas que preparou para a ocasión.

Con esta última actuación e pretiño das 13:00 h puxemos o broche de ouro e despedimos a nosa estupenda xornada musical… ata o vindeiro ano, Santa Cecilia!

XUNTANZA DE AULA

   Onte xoves tivo lugar na escola unha estupenda actividade, na que as familias da aula 1 da quenda de mañá estiveron convidadas a asistir a unha xuntanza coa educadora na aula na que se lles explicou in situ unha rutina diaria de estimulación cos bebés da Escola.

   Fotos-de-bebes

   Animamos a tódolos participantes que nos fagan comentarios desta actividade!

NON ME FAI CASO!

É un dos temas que  ás familias máis nos preocupa, polo que hoxe é unha boa ocasión para aclarar dúbidas, aprender a actuar e tamén compartir os nosos problemas e experiencias.

Hoxe xoves 21 de Novembro as 18:30 temos a charla sobre comportamento que será impartida polo Equipo de Atención Temperá da Escola.

Animádevos a PARTICIPAR!

DÍA DA MÚSICA

   O vindeiro sábado 23 de Novembro as 11:30 h convidámosvos a participar nunha actividade que estamos a preparar con moito cariño. Esta actividade será impartida por familiares de alumnos da escola, eles amosarán as súas virtuosas máns a hora de tocar algúns instrumentos e os nenos e nenas poderán recoñecer os sonidos de distintos instrumentos disfrutando dunha boa máña.

   Será interactivo e os pequenos podrerán tocar os instrumentos con mais dun sentido: tacto, oido e se hai algún que se atreva a probalo, estupendo; Animádevos e traede algún intrumento de xoguete que teñades pola casa.

Cartel_Musica

Obradoiro con Instrumentos Musicais

QUE CEAMOS HOXE?

Como sabedes, o pasado día23 de outubro tivo lugar o primeiro taller para familias deste curso. Nesta ocasión estivo adicado á alimentación dos peques e foi impartido por SERNUGA, a empresa que fai os menus para a nosa Escola. A charla estivo ben, pero o mellor de todo foi o debate posterior que se abriu cas familias alí presentes. Este debate deunos a idea de iniciar un foro aquí, no noso blogue, para intercambiar ideas entre as familias da ANPA EIM Bouzas.

Fruta_1

Da charla tan só apuntar algunhas ideas: que os nenos non deben tomar sal, ou muita sal, non abusar do azúcar, que poden e deben tomar de todo (sempre según idade), que beban muita auga, non darlle zumos en sustitución da auga, que non consuman alimentos “vacíos” antes das comidas (gusanitos, gominolas, etc.), que debe haber un equilibrio entre a proteína e as verduras, consumir muita froita, etc…E queremos destacar que citaron expresamente que os pequenos menores de tres anos non deberían comer estes tres peixes: peixe espada, atun vermello nen lirio. As familias da ANPA Bouzas xa vimos reclamando que se aplique esta recomendación e este ano, a través do noso Director, conseguímolo…así que ahí é onde se ve a forza das familias que traballan xuntas polo ben da Escola.

Xa no debate, a pregunta na que coincidimos muitas familias era: e cal é o mellor menú para a cea do meu fillo ou da miña filla? E ahí escoitamos de todo….. Pois unha tortilla francesa, unhas xudias con xamón,  etc.. Non abusar do biberón pola noite se xa cea ben –glups!, co que lles gusta ese biberón!!!-

Postre_1
Tamén debatimos sobre cales eran as mellores galletas para os pequenos…. e mira ti, as Maria de toda a vida, son as máis recomendadas….Porque esas de dibuxos e figuras teñen máis grasas e azúcares

Igualmente se falou do almorzo. Qué lles damos pola mañá cedo? A mellor opción é leite con cereales, e o pan, ainda o mellor. Todo elo acompañado con algo de froita.  Como os nenos e nenas teñen que tomar medio litro de leite ao día deberá repartirse entre o leite da mañá, o iogurte, queixo e se non chega, completar con leite pola noite.

Pan_1

E aquí queda o debate aberto! Cal é o mellor menú para os peques de 0 a 1 ano? E de 1 a 3? Tedes algunha dúbida que queirades trasmitir aos nosos expertos nutricionistas de SERNUGA?

Deixa o teu comentario aquí abaixo e así damos comezo o debate on-line!!!!!

Bo proveito!!!