Despóis de moitos anos de solicitudes dende a Dirección da Escola e de posteriores reivindicacións dende a ANPA, logramos movilizar ó Concello de Vigo para que dotara a nosa escola cun patio exterior adecuado para as crianzas.
Agradecer a Olga Alonso Suárez (Concelleira de Educación) a súa predisposición. Agradecemos tamén a atención prestada nas reunións que tivemos para tratar o tema e a paciencia que tivo con nós (chamámola case todos os venres para preguntarlle por novidades e mostrar o noso interés e preocupación polos arranxos)
Agradecemos tamén a Xunta de Galicia que aporte fondos para as melloras.
Adecuarán o chan que era o que máis falla facía. Tamén se solicitou e seguiremos solicitando un teito para o patio exterior, desta vez non poido ser…
Tamén estamos procurando que instalen un pequeño teito na entrada da escola, para non mollarnos na recollida e entrega.