Con cariño e ilusión…Presentamos o LOGO oficial da ANPA EIM Bouzas!!!

Gracias á colaboración altruista de Rafa Cáccamo podemos presumir de ter un logo exclusivo superchulo.

caccamo

INTERPRETACIÓN DO ARTISTA:

“Un logo recoñecible nada máis velo, é moi doado de identificar tanto na web como o enviar comunicados ás familias.
Neste logo está a presencia infantil das nenas, dos nenos, e das nais e dos pais no seu interior, representados por cores.
A forma é a letra “A” de “anpa” abríndose e dando cobixo á Escola Infantil Municipal de Bouzas representada pola letra “B” no centro da “A”.”

Rafa Cáccamo
logo EIM Bouzas

Logo Square logo squire

gracias caccamo

Regala un sorriso, todo nen@ merece unha oportunidade!‏

DSCF0175 (1)

"TODO NEN@ MERECE UNHA OPORTUNIDADE", baixo esta premisa nace a Asociación BERCE (1995) en Vigo. Unha entidade sen ánimo de lucro co obxectivo fundamental de potenciar e ofrecer todo tipo de actividades que favorezan o desenvolvemento integral da mocidade, con atención preferente ás cativas e cativos en situación de desprotección.

Asegúrovos que BERCE conta cun marabilloso equipo humano que se encarga de dar calor e normalidade ás vidas de todos os "Brunos" e "Carlotas" integrados na asociación. Gran labor que integra un plan de atención individualizado centrado no desenvolvemento persoal, complementado polo plan de integración social que achega recursos e estratexias ao contexto familiar, formativo, lúdico...

Así, a entidade encárgase de promover o benestar psicosocial dos menores mediante a coordinación das casas de acollida ou a través da posta en marcha de campañas dirixidas á sociedade en xeral co obxectivo de sensibilizar e promover a participación altruísta.

A asociación ten publicado, polo miúdo, moita mais información na web: www.asociacionberce.org
Botádelle un ollo porque seguro que vos sorprende!

O equipo educativo da nosa escola ten manifestado a súa implicación coa visibilización e normalización social das persoas con diversidade funcional en numerosas ocasións. Neste intre imos un paso mais alá e colaboramos coa Asociación de Iniciativa Social Berce co gallo de apoiar á mocidade que se atopa en situación de desprotección

En tanto que ferramenta de inclusión socioeducativa, a EIM BOUZAS non quería quedarse atrás e amosa orgullosa a súa parte BERCEADORA axudando coa venda de lotería solidaria.
Un pasiño insignificante que contribúa a manter o bo funcionamento do centro e o benestar dos menores.

¿E TI? ¿ESTÁS DISPOSTO A COLABORAR?
REGALA UN SORRISO! MERCA A TÚA LOTERÍA SOLIDARIA DE NADAL!
A FELICIDADE SEMPRE É MAIS INTENSA CANDO É COMPARTIDA!