Concentración Reivindicativa

A ANPA da EIM Bouzas únese e solidarízase coa iniciativa emprendida dende FOANPAS:

Ante as últimas novas acontecidas nas que un menor transexual que sufría acoso escolar se suicidou, non podemos quedar de brazos cruzados http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/alan-menor-transexual-suicida-por-acoso-escolar-4778491

Convocámosvos a unha concentración o vindeiro xoves 14 de xaneiro ás 20:00 horas no Marco. É unha concentración contra a transfobia, a homofobia e contra toda discriminación e en prol dunha educación inclusiva que garanta o benestar de todos os nenos e todas as nenas e de todas as persoas.

“Algo raro se mueve”. Dia das enfermidades raras na Escola

A semán pasada foi un dia de festa na Escola. Estas profes e este Director tan maravillosos dedicaronse a pintar de verde unha ollada nos nosos nenos e nenas para facernos ver a todos a través dos seus ollos que hai máis de tres millóns de persoas que necesitan desa mirada. Son os e as que padecen enfermidades chamadas raras, raras porque ainda que afectan a muita xente sempre serán poucas para quen elabora os fármacos que as curan.ENF1BIS

Na Escola se pintaron unha ollada de esperanza, e un día máis os nosos peques aprenderon a ser un pouco máis tolerantes, solidarios e empáticos ante os que máis sufren. Fixeron que algo raro se movera, que nos vacinemos un pouco máis contra a indiferencia, que sexamos capaces de ollar coa mirada verde, ás enfermidades raras. Así, dende que na nosa Escola, e noutros lugares fermosos, celebran este día, estas enfermidades deixan de ser un pouco menos raras.

Gracias Escola!!!!

ENF2ENF3ENF4