O Sr. Chapeu e os seus contos chegaron á Escola!!!

Imagen
Hai uns días a Escola tivo unha visita mui especial: O Sr Chapeu, contador de Historias, cargado cunha maleta chea de contos divertidos para os nenos e nenas, acompañado do año Picaño e os animaliños que querían saber a qué sabe a lúa.

Chegou e encandilou enseguida a todos os nenos e nenas, era impresionante ver as súas cariñas atentas e felices. Houbo mesmo momentos entrañables de interacción co Sr. Chapeu: os bebes gatuñaban ao seu encontro, todos cantaban as cancións repetindo os versos do Sr. Chapeu, mesmo Martin, foi quen de pedirlle que contara un conto dos que non levaba na maleta –na que traía muitos!!!!- E ainda así, o Sr. Chapeu, contou o conto para Martin.Imagen

 

 

 

Nalgún momento pensamos que se cansarían pero os peques seguían atentos e pedían outro conto máis, coma se nun concerto de Rock se tratara, pedían un novo conto ao seu artista convidado.

Foi lindo ver como ese mago contador de contos, coma se de un flautista de Hamelin se tratara, mantiña a atención de todos e todas, mesmo dos papás e mamás.

Ao final, marchou e os peques axudaron ao Sr. Chapeu a recoller as cousas, axudáronlle ca maleta que pesaba muito do cargada de contos que estaba e todos marchamos cun sorriso dibuxado nas nosas caras. Os nenos e nenas da Escola, esperan a nova visita do Sr. Chapeu.

Gracias David, por presentarnos a tan entrañable personaxe.

Familias, deixade os vosos comentarios para que o contador de historias os poda ler tamén 😉

ImagenImagen