PATIO EXTERIOR: logramos que nos acondicionen o patio!!

Despóis de moitos anos de solicitudes dende a Dirección da Escola e  de posteriores reivindicacións dende a ANPA, logramos movilizar ó Concello de Vigo para que dotara a nosa escola cun patio exterior adecuado para as crianzas.

Agradecer a Olga Alonso Suárez (Concelleira de Educación) a súa predisposición. Agradecemos tamén a atención prestada nas reunións que tivemos para tratar o tema e a paciencia que tivo con nós (chamámola case todos os venres para preguntarlle por novidades e mostrar o noso interés e preocupación polos arranxos)

Agradecemos tamén a Xunta de Galicia que aporte fondos para as melloras.

Adecuarán o chan que era o que máis falla facía. Tamén se solicitou  e seguiremos solicitando un teito para o patio exterior, desta vez non poido ser…

Tamén estamos procurando que instalen un pequeño teito na entrada da escola, para non mollarnos na recollida e entrega.

img_9084